Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz reclaman de o Alcalde que interveña para solucionar o problema dos exámenes de conducir que afectan a alumnos e autoescolas

Foz 17-10-2017 O PSOE de Foz ante o problema xerado pola suspensión de probas para a obtención do permiso de conducir pola folga de examinadores presenta unha iniciativa para o seu debate en pleno.
Esta suspensión ten a numerosos alumnos de Foz e dos restantes concellos da Mariña pendentes de realizar o exame de conducir dende agosto e asfixiadas ás autoescolas da comarca.
O PSOE de Foz considera totalmente lexítimas as reclamacións dos examinadores de tráfico referidas ás súas condicións laborais e demanda do goberno que se dea resposta ás mesmas, cumprindo as promesas feitas ao sector fai un par de anos, á vez que manifesta a súa preocupación polas importantes molestias que se están xerando ás persoas que queren obter o carné de conducir e perdas no sector das autoescolas.
Os socialistas pedimos ao alcalde Castiñeira que “se poña as pilas” interveña e reclame unha solución urxente para evitar máis danos a alumnos e autoescolas, que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Foz e alcalde da localidade onde se efectúan ditas probas en toda a comarca da Mariña rompa ese silencio cómplice coa nefasta actuación do Goberno no tema.
Non sabemos se, esta desidia por solucionar esta problemática, é un primeiro paso para unha posible privatización do servizo, ou para a centralización das probas nas capitais como xa se tentou anos atrás, ambas hipóteses, terían de fronte a negativa rotunda do Partido Socialista.
Desde o PSOE de Foz apoiamos as reivindicacións que se están efectuando estes días desde a Mancomunidade da Mariña co obxectivo de que se dote á comarca cunha delegación da xefatura de Tráfico e instamos ao alcalde a que traballe conxuntamente coa mesma para que sexa o noso concello siga sendo sede dos exames teóricos e prácticos dos exames de conducir.

Exit mobile version