Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 1 e 3 de novembro non haberá recollida do lixo en Burela

Burela, 31 de outubro de 2017. O mércores, non haberá recollida do lixo en Burela, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente, por ser día festivo e tampouco o vindeiro venres, día 3, xa que esa xornada celébrase a festividade de San Martín de Porres, patrón dos varredores.
A edil Noelia Mª Ben sinalou que “debido á celebración de San Martín de Porres non teremos recollida do lixo este venres en Burela e mañá, día 1, festividade de Todos os Santos tampouco. Pedimos a colaboración cidadá para evitar a acumulación de bolsas nos contedores durante esas xornadas”.
A concelleira de Medio Ambiente tamén lles pide aos veciños e ás veciñas de Burela que “si nalgunha ocasión se atopan cos contedores máis próximos cheos de lixo, que non deixen tiradas as bolsas no chan, por favor. Quero pedirlles que se acheguen a outras zonas a depositar eses desperdicios. Da moi mala imaxe ver as bolsas do lixo tiradas pola rúa”.

Exit mobile version