Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Concellos da Mariña seguen a pronunciarse en contra da supresión da área sanitaria

A Mariña 31-10-17. O concello ourolés sigue deste xeito os pasos doutros concellos coma Ribadeo, A Pontenova (que ainda non pertencendo á área da Mariña tamén amosou o seu 7rexeitamento á supresión, actitude solidária que desde a Plataforma queren recoñecer e agradecer), Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Valadouro e Viveiro.
Desde a Plataforma fan fincapé no acordo plenário de Ourol do 23 de outubro, no que o Partido Popular apoiou a moción que reclamaba o mantemento da área sanitaria. “Esta non é a primeira vez que o PP amosa dúbidas co discurso que lles marcan desde o goberno da Xunta, como acontecera xa no concello de Lourenzá, donde o grupo municipal do PP se abstivera”, manifestaron desde a Plataforma, polo que queren “parabenizar a est@s concelleir@s que deixando de lado os intereses partidarios ponense á carón das mariñás e mariñaos, e manifestan públicamente o seu rexeitamento á desaparición da área sanitaria e ás nefastas consescuencias que tería para a comarca, tales coma o incremento nas derivacións de enfermos a Lugo para procedementos diagnósticos e intervencións cirúrxicas que antes se facían en Burela, o que favorece a centralización dos servizos sanitários na capital da provi,ncia, sometendo a atención sanitaria pública aos intereses das empresas da sanidade privada”, concluiron desde a Plataforma.

Exit mobile version