Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP SEGUE PODRE

Esta semana máis puntais do PP son declarados investigados pola xustiza: dous cargos do PP valenciano e Carmen Navarro, a tesorera do PP que faltaba, por financiamento ilegal das campañas electorais a base de cobro de comisións ilegais, blanqueo de capitais e amaño de contratos en administracións públicas, ningún foi detido. Ademais, Alberto Ruíz Gallardón, á investigación por prevaricación e falseamiento de contas no túnel da M30, suma un desvío de 83 millóns de euros a Panamá en connivencia co ilustre preso Ignacio González, non foi detido. Co luxazo de plantel de corruptos que vai engadindo, e os que aínda sairán, non é estraño que o PP con Rajoy á cabeza estea empeñado en axitar a revolta independista de Cataluña. Do mesmo xeito que Franco foi o principal alentador do crecemento de ETA ao perseguir aos vascos ata no seu propio idioma e idiosincrasia, así Rajoy, tan mal gobernante como aveso indolente, no canto de suavizar a controversia, segue quentando os ánimos catalanistas para que non podamos cheirar a podremia interna da súa propia casa. Primeiro non escoita, despois ameaza e agora promueve unha movilización inusitada de axentes de autoridade para facer fronte aos disturbios que lle gustaría ver, a ritmo belicista, moi da dereita española. A soberbia énchelles a boca anunciando o envío de miles de gardas civís, policía e armamento pesado.

Os membros do Govern, exasperados e fóra da lei, arrastran aos cataláns a unha fractura interna e co resto de españois que será difícilmente suturable, pero a resposta de Rajoy non pode ser máis errónea no xefe dun Estado democrático. Meter ao calabozo e sancionar con multas exorbitadas a altos cargos dunha administración pública española é un despropósito cando non hai caso de peligrosidad social. Agora quen nos asusta é Rajoy cos seus xuíces e fiscais adeptos.

Exit mobile version