Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns ábrese o prazo de inscrición nos bailes de salón, que organiza a concellería de servizos sociais de Burela. A actividade, que é gratuíta, desenvolverase os martes desde o 24 de outubro ao 23 de xaneiro

O luns, día 16, ábrese o prazo de inscrición nos Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Facenda e Mar. Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade, que é gratuíta, poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que esta será presencial”. Os Bailes de salón darán comezo o 24 de outubro e rematarán o 23 de xaneiro. A edil socialista sinala que “o martes é o día fixada para o seu desenvolvemento. Haberá tres quendas, unha de 18:45 a 20:00 horas, outra de 20:00 a 21:15 horas e a terceira será de 21:15 a 22:30 horas”. Para calquera información e/ou aclaración, @s interesad@s poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.

Exit mobile version