EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días tivemos a ocasión de visitar a parroquia de Cangas, e falar cos veciños e veciñas, transmitíndonos distintas necesidades das que carece esta parroquia. Concretamente un grupo de veciños nos transmitía a necesidade de adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola praia dos Xuncos coa estrada Xeral, pasando ó son da ITV. Esta é unha pista que nos últimos anos veu mellorado o seu firme, e é moi usada polos pais que levan os seus nenos ó Colexio Fondo-Nois. Pero os veciños ante os cambios que se levaron a cabo no cruce Ribela-Gralleira, ven necesario adecentala definitivamente . Así tamén ven posible que o transporte escolar poida mellorar o servizo co adecentamento definitivo desta pista.
Por todo o exposto o Grupo Municipal de ”Foz, Plataforma de Futuro” propón ao Pleno da Corporación de Foz a adopción do seguinte ACORDO:
– Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz para que proceda a adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola Praia dos Xuncos coa estrada Xeral.