O sábado 21 de outubro faremos unha saída ao monte da man do micólogo José Luis Cuba para 25 persoas, dende as 08:00 da mañá ata pasado o mediodía. Por iso recomendamos levar non só os útiles mesmos (cesta, navalla) e roupa e calzado axeitado, senón tamén un bocadillo. Quedaremos ás 08:00h. nun aparcamento situado pasado o cruce da estrada de Grañas do Sor coa de As Pontes. Se sodes socias ou socios esta actividade é de balde. Se non o sodes, só son 5€ por persoa. Si vos apetece só tedes que chamar ao 653756454 ou enviar un e-mail a asociacon.nordes@gmail.com.
Se non vos interesa tanto recoller pero si comer, ou as dúas cousas, temos un plan para a noite do sábado: unha cea para 40 persoas no Restaurante Areagrande de San Román. O menú, de 20€, estará composto por: ensalada temperada de polbo, cogomelos, xamón e queixo; lagarto ibérico (carne de porco) con crema de castañas e gírgola; e, para acabar, pudín de cantatharellus.
Para ambas actividades é preciso anotarse antes do venres 20: farase por orde pero terán preferencia as/os socias/os.
O domingo o Restaurante Aregrande de San Román adicará os pinchos do mediodía, dende as 12:30h. ata as 15:00h., aos cogomelos. Podedes elexir un entre as empanadillas de shitake, a quiche do monte, a orellada á prancha ou os pementos do piquillo recheos de champiñóns ou… Probalos todos! Terán un prezo de 1€/unidade