Burela 16-10-17. Dende o mes de setembro e ata o mês de novembro, estase levando a cabo a acción formativa:“ Iniciación á lavandería industrial” no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a entidade ten en Burela. Ademáis empréganse para a formación as instalacións da lavandería da Unidade Residencial coa que se conta en Cervo. Está actuación está cofincanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a igualdade , a saúde e a inclusión social ” para mellorar a situación no mercado de traballo dos participantes a través da formación adaptada.
Como obxetivo xeral preténdese acadar a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental crónica, en grave risco de exclusión social.
Ó mesmo tempo, os obxetivos específicos a conquerir con esta acción formativa son: adquisición de habilidades sociais, mellora de hábitos prelaborais como a puntualidade, compromiso, orden e limpeza…. Sen esquecernos da parte máis importante: a adquisición de formación básica e de tipo laboral específica, adaptada ás súas necesidades. Esta acción formativa contribúe significativamente á inclusión social das persoas con enfermidade mental, dotándoas de novos coñecementos que facilitan a súa integración social e o avance na súa integración laboral, desterrando prexuízos fortemente arraigados na sociedade que nos rodea.