“Mobilandia II” é unha colección na que Pepe Álvez (Lugo, 1953) presenta fotos feitas na súa todalidade co teléfono móbil. As fotos son a cor, de temática variada pero predominando as paisaxes rurais. En plena época de dominio dos ‘selfies’ este veterano profesional demostra que coas novas tecnoloxías pódese facer un traballo artístico alonxando un pouco o foco e sen que teña que saír en primeiro termo necesariamente quen realiza a foto”.
Xabier Pardiñas agradece a Pilar García e Benigno Lázare a súa participación nesta inauguración. “Dende fai dous anos dende Cultura e Turismo do concello de Alfoz estase traballando para congregar neste Ben de Interese Cultural diferentes mostras e actividades, como a que hoxe se presenta. Doble agradecemento á Deputación, pola cesión a través do Museo Provincial desta exposición e polas axudas económicas que permiten desenvolver diferentes actividades relacionadas co turismo e a cultura”.