As papeletas gañadoras foron extraídas da urna na que durante toda a xornada do sábado os clientes do comercio xovense as foron depositando ata as 20:30 horas, momento no que deu comezo o sorteo. Todas as persoas que fixeron compras por un importe superior a 10 euros en Xove do 8 ao 14 de outubro puideron despois canxear eses tíckets por papeletas para participar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra, divididos nun total de 8 premios. Os afortunados e afortunadas foron os seguintes:
Premios de 100 euros
-Nuria Val
-Mª José Vázquez
-Vinicio Ferreira
-Ildefonso Castro
-Violeta González
Premio de 200 euros
-Belén Meitín
Premio de 300 euros
-Ángeles Castro
Premio de 500 euros
-Isabel Rey
Varios membros da directiva de ACIAM foron os encargados de entregarlles os premios aos gañadores.
Os seguintes sorteos, ata un total de sete, serán en O Vicedo o día 21 e o 28 de outubro en Covas. Xa en novembro serán o 4 en Viveiro e o 11 en Burela.
A Mariña Federación destinou máis de 10.000 euros aos premios desta campaña, que chegou neste 2017 á súa terceira edición.