A nova “Escuela de Artes Marciales de Cervo” impartirá todos os venres de cada semana no pavillón do Colexio CEIP Cervo Nº1 en San Ciprián clases de Iaido, o arte samurái de envaiñado e desenvaiñado da katana. Esta actividade, que vai dirixida a todos os públicos, non consiste nunha modalidade de combate, senón que é unha modalidade na que un mesmo busca alcanzar a perfección do movemento, buscando unha total coordinación do corpo á vez que se mantén o equilibrio. As clases, de carácter gratuíto, serán guiadas por Miguel A. Rojo, cinturón negro 3º Dan nesta disciplina, e aínda que van dirixidas a todos aqueles que se queiran achegar a practicar e coñecer esta disciplina, si que é recomendable ter algunha experiencia ou noción no mundo das Artes Marciais, xa que esta disciplina concíbese en Oriente como un nivel superior.
Clases gratuitas de Iaido en Cervo
Clases gratuitas de Iaido en Cervo
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro