Pero chegadas As San Lucas a cidade amosa unha nova dimensión 😮 xentío, festexeiro e barullador invade as rúas e Mondoñedo, cal vella e paciente matrona, acolle no regazo amoroso a cantos chegan a ela, na procura dunhas xornadas de solaz, vividas na compaña dunhas xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade.
As feiras das San Lucas, en boa medida, conservan o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos da horta e os dos seus tradicionais artesáns; mantén o engado da personalidade diferenciada, e cada outono mariñán celebra o mais importante evento festeiro,comercial e social nas seculares feiras e festas das San Lucas; das que, confirmando a súa antigüedade, diremos que son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago