O orador achegou aos asistentes ás normas ISO 9001, de xestión da calidade; ISO 14001, de xestión ambiental; ISO 45001, de xestión da seguridade e saúde no traballo; ISO 50001, de xestión enerxética; e ao sistema Emas co obxectivo de axudarlles a comprender os principios da xestión ambiental e os beneficios que dela se derivan; adquirir coñecementos sobre a aplicación real dos sistemas de xestión ambiental; e coñecer as vantaxes que lles poden aportar.
Esta actividade foi organizada colaboración da Área de Medioambiente do Concello de Ribadeo “para concienciar á poboación da importancia que ten a xestión ambiental no só para as empresas, senón tamén para os particulares”.