Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de servizos sociais de Lourenzá conmemora o día mundial contra o cancro de mama cunha merenda solidaria este xoves, día 19, no centro social Torreón dos Frades

Na merenda solidaria haberá mantecadas e chocolate para todos os asistentes e os donativos serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro. O Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que contribúe aportando as mantecadas para a merenda. A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fan un chamamento a todos os veciños e veciñas de Lourenzá para que participen “neste acto solidario, en apoio a todas aquelas persoas que padecen e loitan por superar esta enfermidade. Por segundo ano consecutivo decidimos organizar esta cita, dada a boa acollida que tivo a do ano pasado, na que houbo moita afluencia de xente e sobre todo moita participación e sensibilización cun tema tan serio como é o cancro de mama”. Ademais colgarase no balcón da Casa do Concello de Lourenzá un gran lazo rosa co lema A túa loita é a miña loita, como símbolo de solidariedade con quen padece esta enfermidade.

Exit mobile version