A actividade, cun custe de 40 euros por persoa, inclúe desprazamento en autocar, almorzo, comida de cocido maragato e o seguro. Para reservar praza ls interesados poden chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70. a asignación realizarase por riguroso orde de reserva. Augasantas tamén organiza unha excursión a Mondoñedo este mércores, día 18, con motivo das ferias e festas de As San Lucas. Sairá ás dez da mañá dende a estación de autobuses de Ribadeo e inclúe varias paradas en diversos lugares do municipio ribadensee do de Barreiros. O regreso desde Mondoñedo está previsto para as 18 horas e o prezo da viaxe é de 6 euros (ida e volta).