Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Camiña abre as súas portas á familia laranxa

caminha-visita17-2Os xogadores Luisma, Lara e Dany, acompañados polo directivo José Ángel Dovale, visitaron hai uns días a sede da Asociación Camiña de Burela, con persoas con discapacidade, para facerlles entrega aos seus usuarios dos carnés para a tempada 2017-18, ademais dunhas gorras como agasallo. Os burelistas compartiron unha tarde moi animada cos membros de Camiña, que lles ensinaron moitos dos traballos e manualidades que realizan nos seus obradoiros, ademais de mostrarlles as súas instalacións na rúa Rafael Dieste, nun local rehabilitado en 2015.

Exit mobile version