Site icon Crónica3.com A Mariña

A Alcaldesa de Lourenzá anuncia que o departamento de servizos sociais do Concello tramita as solicitudes para participar no programa “xuntos polo nadal”. O prazo para presentalas está aberto ata o 17 de novembro

Lourenzá, 31 de outubro de 2017. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, anuncia que o departamento de Servizos Sociais do Concello tramita as solicitudes para participar no programa Xuntos polo Nadal. O prazo para presentalas está aberto ata o 17 de novembro.

A rexedora municipal explica que “a Consellería de Política Social, dende a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza o programa Xuntos polo Nadal, que se vai desenvolver dende o día 23 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018 nas Residencias de Tempo Libre do Carballiño. Os requisitos dos solicitantes son: ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación da solicitude), estar empadroado na Comunidade Autónoma de Galicia, non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa activa, valerse por si mesmo/a e non padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia e ter que pasar só as datas de Nadal”.

Rocío López engade que “a documentación que hai que presentar é solicitude, informe social e declaración responsable. E os servizos incluídos no programa son: aloxamento en cuartos compartidos e manutención dos participantes en réxime de pensión completa, estancia na residencia durante 16 días (15 noites) e actividades de animación sociocultural”.

Exit mobile version