Os obradoiros están a ter un grande éxito entre os máis pequenos da casa que pasan unha hora, de sete a oito da tarde, empapándose de arte nese espazo a carón da praia da Pasada. Os laboratorios creativos rematarán o vindeiro 16 de agosto. Este é o segundo ano no que se están a celebrar.