Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta da Cazolga de Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERAEste domingo os socios de Pasada das Cabras de Burela convidados polos amigos de Terras de Lourenza participamos na ruta circular que programaron os laurentinos e que partindo da área recreativa da Cazolga levounos ata o monte de Cornería e Alto de Verín, punto mais alto onde gozamos dunha das vistas mais espectaculares da costa coa desembocadura do río Masma na ría de Foz. Na camiñada, duns 15 Km, participamos 80 senderistas e os de Terras de Lourenza prepararon para o final unha comida para todos os participantes, animada con queimada, música e xogos populares.

Exit mobile version