O Osa do Mar é un festival de música na Mariña de Lugo con rock, pop, rap e outras propostas que conformar un cartaz diferente e que lle encantará a calquer persoa que disfrute da música en directo. En este 2017 a Asociación Cultural Fanto Fantini encara unha ilusionante IV edición cos mesmos ingredientes das edicións anteriores:
Música: 17 bandas de diferentes estilos que este ano se reparten entre o Escenario Mahou-Osa do Mar, o Esceario Praia e os tres da Sesión Bearmú. Por eles xa pasaron moitas bandas agora consolidadas e cada ano intentamos superarnos e traer á Marosa grupos que sorprendan e gusten:
Entradas:
o Anticipadas (até o mércores 16 de agosto) por 15€ o bono para os dous días e 10€ para os días soltos. Pódense mercar desde a nosa web www.osadomar.com e desde a plataforma Entradium sen gastos de xestión ou nos seguintes puntos de venta: en Burela (Cervecería O Traste, Cafetería Vista Alegre e no Mis en Plas). En Lugo (no Mercado Street Food e no Ho Gruf). En Compostela (Cervecería Milongas).
o Billeteira no recinto Osa do Mar: 20€ o bono e 15€ os días soltos
– Entorno e ambiente: Burela está no centro de unha comarca espectacular que merece a pena coñecer. Así como a zona da Marosa co recinto do festival, a praia e o paseo que a une con Burela e o ambiente que cada ano emerxe nun festival pequeno e elaborado claramente sen ánimo de lucro.
Este ano prodúcese un cambio na ubicación do Recinto Osa do Mar, onde se facía estes anos pasa a ser un amplo aparcamento e o Escenario Mahou ubicarase dentro do Campo de Fútbol da Marosa. A acampada libre (con servizo de baños e duchas) mantense no mesmo emplazamento.
– Actividades: é unha fin de semana de festa centrada na música con actividades para todos como as destinadas para as nenas e nenos ou a Sesión Bearmú o sábado a medio día por Burela.