A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou na ofrenda floral que a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia ofreceu ao compositor e músico Pascual Veiga. A Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia saiu da Praza da Catedral e desprazose a pé ata o cemiterio municipal, onde realizaron a ofrenda floral e musical en homenaxe ao autor da música do himno de Galicia. 50 rapaces, máis directores, solistas e profesores interpretaron a Alborada de Veiga. Posteriormente a banda ofreceu dun concerto na Praza da Catedral de Mondoñedo.
Ofrenda floral e musical a Pascual Veiga
Ofrenda floral e musical a Pascual Veiga
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo