Foz 02-08-2017. No último pleno do concello de Foz o grupo socialista preguntou ao alcalde porque non estaban, a 27 de xullo, as bandeiras azuis ondeando nas praias. A resposta, que non podemos menos que cualificar de sorprendente e inconcibible foi que, non ondean por que non as teñen e non as teñen porque non foron a recollelas ao acto de entrega, en protesta, din, por non conceder a da Rapadoira.
En ningún momento, polo menos o PSOE, foi informado de que non se ían recoller, nin como acto de protesta, nin por outro motivo. Os socialistas poderiamos compartir a indignación do alcalde e a protesta non asistindo ao acto de entrega, pero para que unha protesta sexa efectiva, entendemos que debe facerse pública e non tivemos constancia do feito ata a sesión plenaria. O que non podemos compartir é a desidia en reclamar os galardóns das outras praias do concello. Estamos no meridiano da temporada estival e é inadmisible que as praias galardoadas non luzan dito galardón.
Con esa resposta e coa desidia demostrada para reclamar e izar as bandeiras azuis dos outros areais de Foz, a conclusión é bastante obvia, o Alcalde colleu un berrinche por perder a bandeira da Rapadoira e, comportándose cal neno pequeno con unha pataleta, xa “non xoga as bandeiras azuis” A vista está, que lle preocupa bastante mais quedar como o alcalde que perdeu unha bandeira que ondeaba dende hai 30 anos, que reclamar con rapidez os galardóns para que os luzan outras praias de Foz.
De oito bandeiras azuis que tiña Foz, co goberno do PSOE, pasouse a catro e moito nos tememos que acabaremos sen ningunha.
O Alcalde de Foz sigue o camiño do de Barreiros que renunciou a elas, de feito xa fixo algunha declaración ao respecto cuestionando a utilidade deste galardón.
Así non tería que preocuparse de prestar os servicios que se esixen para obter a bandeira azul, podería prescindir de socorristas, de accesibilidade as praias, de paneis informativos…etc.
As deficiencias solicitadas por moción, rogo ou vía orzamentos polo PSOE de Foz relativas a que, este ano a limpeza das praias é defectuosa, que hai baños pechados ou sucios, o mal acceso á praia de Areoura, a inaccesibilidade á de Arealonga pola parte de Fazouro debido á turbeira, provocando malestar entre os veciños que demandan unha solución compatible coa protección de dita turbeira, a de Xuncos con mala accesibilidade ao carecer de rampa e barandilla, a de Llas con un aliviadoiro do saneamento que verte no medio da praia e outro tubo vertendo no lado de Foz, a carreteira de acceso a Fondás desfeita ou a falta de socorristas, pese a que se lle recordou con tempo suficiente, demostran que falta previsión e organización por parte do alcalde e o equipo de goberno de goberno do PP e fan sospeitar que, tempo ó tempo, nun futuro próximo veremos como Foz se queda sen un galardón que premia a aqueles Concellos que son punteiros en calidade de servizos turísticos.