Na actividade que ofrecerá o Langui, aberta a todos os mozos que queiran achegarse, afondarase en aspectos relacionados co teatro e coa música como ferramenta de progreso persoal e emocional. Deste xeito, o Langui contará dende un punto de vista persoas e baseándose nas súas experiencias propias, a importancia que tivo e ten o teatro e a música no seu día a día.
José Manuel Montilla afondará en temas como o acoso ou o bulling que sofren os nenos de hoxe en día, pero que tamén soportou el mesmo durante o longo da súa vida. Deste xeito, contará as súas experiencias persoais para animar aos máis pequenos a non darse nunca por vencido, así como a crer nas potencialidades dun mesmo.
José Manuel Montilla “El Langui”
José Manuel Montilla Macarrón, máis coñecido como El Langui, é un actor e cantante de rap madrileño de 37 anos que se deu a coñecer da man do grupo La Excepción, no ano 2001. Entre os seus traballos discográficos máis coñecidos, destacan ¡En Tu Carrino Paio! ou ¡Cata Cheli!.
No que ao ámbito da actuación se refire, o Langui participou en 2008 no filme El truco del manco, proxecto polo que acadou o Goya ao mellor actor revelación, así como o de mellor canción. Destaca tamén a súa participación en programas de televisión como Buenafuente, ou en series tan recoñecidas como El Chiringuito de Pepe.
Campamento de teatro urbano
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer esta programación para fomentar entre os rapaces as artes escénicas e promover o centro da cidade lucense. Os participantes realizarán durante todo o mes xogos e obradoiros diarios de teatro, caracterización de personaxes, improvisación, vestiario, danza, música e ritmo. Ademais, un actor famoso impartirá unha masterclass aos rapaces durante unha das xornadas.