Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP burelés: “o concerto dos djs do día catro, próximo á estafa”.

Burela, a 6 de agosto de 2017.- O Grupo Municipal Popular burelés manifestou hoxe que “o concerto de djs programado pola delegación de Cultura do Concello para o pasado venres día 4, paralelo á Festa do Bonito, foi un fiasco, mui próximo á estafa, dado que un dos djs, ante a escasa asistencia de público negouse a seguir actuando e deu por rematado o concerto. Hai que lembrar que as entradas custaban 15€”.
Os populares, que teñen recibido queixas de asistentes ó concerto, indican que “o dj en cuestión levaba tres ou catro cancións, parou a actuación, dixo que había mui pouca xente e apagáronse as luces e o equipo de son, momento no que o centenar aproximado de persoas deron en berrar ‘¡tongo!’, indignados logo de ter que pagar 15€ e que se levantase o concerto sen outro motivo aparente”.
Os edís populares consideran que “o alcalde debe adoptar as medidas oportunas para que o dj que así se comportou non cobre o que puidese estar estipulado no contrato. Por eso, o GMP pedirá o acceso ós contratos dos djs actuantes ese día, para verificar os términos dos mesmos e os posibles abonos das contías que nos mesmos puideran fixarse”.
Para o GMP, “o acontecido é mui grave, porque o contrato hai que cumplilo. E ademáis demostra que o delegado de Cultura terá que revisar o seu xeito de organizar actuacións. Traer de xeito continuado eventos de pago conduce a estas situación, por un lado ás veces non se sabe a quén se trae, por un lado, e por outro a xente non anda tan sobrada de cartos para traer eventos de pago de xeito reiterado (algo que mesmo poden facer calquer alumno de ESO) ou rematar concertos antes de tempo. Neste caso en concreto, agardamos que desde o Concello se habiliten fórmulas para devolver todo ou parte do custo da entrada que abonaron o escaso cento de rapaces que se deron cita no mesmo”.

Exit mobile version