Os populares indican que “o sábado a medio día puidemos comprobar, e documentar gráficamente, cómo había colectores do mercado ainda se recoller, cartón tamén sen recoller, algún colector tirado na rúa, rúas sen barrer (especialmente Rosalía de Castro e Pardo Bazán), etc.”
Desde o GMP consideran que “a imaxe que se deu non foi a millor que se podía dar, e todo eso debido a unha ausencia absoluta de liderado do alcalde para organizar os servicios de recollida de lixo e limpeza viaria nun fin de semana que desde hai anos reúne un bón número de actividades. Produart e a Feira do Bonito non se comenzaron a facer ontes, e precisamente por eso hai que organizar o servicio de forma e maneira que se dea a máxima eficacia, e eso é competencia do alcalde, ainda que xa sabemos a pouca querencia que tén polo traballo e o gusto desmesurado polas cámaras”.
Os edís do PP aseguran que “o acontecido ratifica o que vimos decindo desde o día un de abril: todo o que nos tentou vender o alcalde de milloras do servicio de recollida de lixo, e a pesares do ofendido que se sente o tenente de alcalde cando falamos deste asunto, é todo mentira, porque os problemas, polo que se ve, xa non é que existiran ou non, é que se ven notoriamente día a día e non se resolven”