A edil de turismo, Manuela Méndez Álvarez, xunto con membros de Rego Cachón (organizadores), Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes (colaboradores. SD Sargadelos non puido estar) presentaron o cartel das festas que dende este luns terán lugar no municipio cervense.
As festas comezarán o luns 14 ás 18:30h ca Inauguración da Exposición de Manualidades. A partir das 20h a XII Festa do Ovo Frito e para rematar o día, verbena co grupo Montreal.
O martes día 15 ás 13h Misa Solemne e Procesión na Honra á Nosa Señora e ó Carmen, con ofrenda florar os mariñeiros. Ás 14:00h Sesión Vermú coa orquesta Ría de Arosa. Ás 19h Festival Folclórico con “Airiños do Xunco” e “Racho Folclórico e os Frieleiros”. A partir das 22h Verbena con Ria de Arosa e concerto de Lucía Perez.
O mércores 16 de agosto ás 12:30h Misa Solemne e Procesión na Honra a San Roque. A partir das 14h Sesión Vermú co grupo Alma Latina. Ás 19h Festa da Espuma e Xuncada e a partir das 22:30h Verbena co grupo Alma Latina.
O Xoves 17 de 18h a 20h Exposición de Manualidades e IV Master Chef Cervo.
O venres 18 de 18h a 20h Exposición de Manualidades e XXIX Ensaio Xeral da Queimada Popular.
O sábado 19 de agosto dende as 10h XXI Mercado Tradicional. Ás 23h dará lugar a XXXIX Queimada Popular de Cervo e ás 24h Concertos da man de A Banda de Poi, Os Pinheiros Band, A Banda de Balbina e Malditos Pendejos.