O delegado territorial da Xunta, participou hoxe na presentación da XXVII edición da Semana Náutica de Ribadeo, que organiza o Real Club Náutico desa localidade e se celebrará entre os días 10 e 19 de agosto.O delegado gabou a iniciativa, “que suma un aliciente máis para visitar Ribadeo”, e aplaudiu o traballo que “ao longo de todo o ano realiza o club náutico, que se ve recoñecido coa Q de calidade turística e tamén coa bandeira azul e o certificado ISO de calidade”.