Site icon Crónica3.com A Mariña

J. Pedro Gómez, pintor autodidacta, inaugura en Mondoñedo unha exposición con 12 obras

pedro gomez-mondoñedoMondoñedo, 4 de agosto de 2017. O pintor autodidacta J. Pedro Gómez (1971,Viloalle-Mondoñedo) inaugura este venres pola tarde, no Bar Porriño de Mondoñedo, a súa primeira exposición na súa cidade natal.

O autor, natural da parroquia de Viloalle, presenta un total de 12 obras, que comprenden acuarelas e unha plumilla dun escudo heráldico do bispado. Nesta mostra poden verse diversas paisaxes de Mondoñedo, e interpretacións persoais da cidade. “Xa expuxen noutra ocasións en Mondoñedo, pero dentro dunha exposición colectiva, nunca só”, explica.

Gómez sinala “que para min esta exposición é a máis difícil das que levo feito, e coa que máis responsabilidade me sinto, polo que representa dentro da miña modesta carreira artística. Xa que vou estar rodeado de todos os meus veciños, e da xente que me quere e que me apoia. Actualmente teño outra exposición en Aranjuez, e xa exhibín a miña obra noutras vilas, pero Mondoñedo para min é un lugar especial, e ten unha presenza permanente na miña obra, resumiu.

O artista confesa que “sempre me gustou pintar, dende neno, collía o lápiz e pintaba. Todo o que sei aprendino eu só, son autodidacta ao 100%. Sempre tiven esta vocación, e agora quero amosarlla ao todo o mundo que queira achegarse a Mondoñedo, para coñecer parte da miña modesta colección”.

O Bar Porriño de Mondoñedo, acolle esta exposición, que estará aberta ata o día 15 de setembro. “Quero agradecerlle de xeito sincero o apoio deste local para cederme o espazo e poder amosar o meu traballo, sen a súa colaboración non sería posible”.

Tahures
Paralelamente a esta exposición, a tenda Tahures (Pza. da Catedral, 17), ten a venda acuarelas orixinais do autor con debuxos de Mondoñedo.

Exit mobile version