Site icon Crónica3.com A Mariña

Hai uns días tivo lugar unha quedada de atletismo na parroquia barreirense de San Xusto, na que se deron cita unha vintena de atletas

IMG-20170804-WA0013Foi organizada polo Concello de Barreiros en colaboración coa asociación de veciños San Xusto Pastor e discorreu pola ruta de sendeirismo Fonte Fermosiña, partindo desde a pista de San Xusto e pasando por Val do Caínzo, subida ás Fachas ata chegar a Pena Corveira, onde hai un fantástico mirador. Despois de cubrir os 8 quilómetros de ida e volta os participantes nesta quedada foron agasallados cun pincheo para repoñer forzas.

Exit mobile version