Ribadeo, 8 de agosto de 2017. Nova cita coas Noites Cálidas, que organiza Acisa Ribadeo. A terceira será este xoves, 10 de agosto, xornada na que os 40 locais participantes abrirán as súas portas ata as 22 horas e ofrecerán diferentes descontos e promocións á súa clientela.
Desde a directiva de Acisa amósanse satisfeitos “coa acollida que están a ter as nosas Noites Cálidas, nas que a música axudou moito a ambientar as rúas de Ribadeo nestas tardes de verán. Estamos moi contentos coa resposta dos clientes e do público tanto o 28 de xullo como o pasado xoves, coa xa tradicional Noite Flúor, e agardamos repertir este xoves, 10 de agosto”. Ese día a partir das 21 horas actuarán os grupos The Keng Song na rúa Rodríguez Murias e Nashville na rúa Reinante.
Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, La Moda Hombre, Bodegas Ribeirao, Modesto G, Xeito Decoración, La Florida, Foto Miguel, Din y Don, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo, Esprit, Lencería Julia, Terra Branca, Tu y Tu, Bora Bora, R23, calzados Menfer, Mercería Torviso, Ginzo, Casa Mengoiz, Gutié, Farfala, Ana Villamayor, Bis a Bis, Boutique Valentina, Boutique Del Río, Mika, Saia, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Glass, Fauna, Sweet Monkey, Coco, Jatay, Anais, La Alianza e Menos Lobos.