Entrega de diplomas de informática do Concello de Xove
redac
Este xoves 17,o Alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte Ana Abad e Cristina Iglesias procederon á entrega de diplomas do Curso de Informática de nenos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil de Xove (OMIX) durante o mes de xullo. Participaron un total de 58 nenos/as de idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Os máis pequenos traballaron con powerpoint, windows e paint, e os maiores de 10 anos aprenderon a programar Java.