Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG reclama máis seguridade para a Maruxaina

Cervo, 7 de agosto de 2017. A/A Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cervo e Membros da Corporación

D. José Luís Moñita Martín, con DNI 33991744K, veciño de San Ciprián con email para contacto monita1968@gmail.com. En calidade de representante do partido Compromiso por Galicia en Cervo e tamén en calidade de veciño. Ó Alcalde-Presidente do Concello de Cervo.

EXPÓN:
O vindeiro día 12 celebrase en San Ciprián a Maruxaina, sendo unha das festas de interés turístico con máis atracción da contorna. Supón un día no que a masificación de persoas causa ten que ser ben xestionada, sempre sen perder a singularidade da festa. Por queixas que se nos transmiten é importante dotar de maior seguridade á cidadanía. Noutro orden de cousas tamén é moi significativa a perda de sinal de telefonía movil co transtorno e a falla de seguridade que conleva. Aplaudimos tamén as medidas que de momento doron adiantadas pola organización co obxecto de recuperar a esencia da Maruxaina. Ó amparo da,
Constitución Española no artigo 29, apartado1 di: “todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei”. A Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, desenvolve o dereito de Petición e a Lei 19/2013, de 9 de diciembre, desenvolve a transparencia, acceso a información pública bo goberno.
Como veciño de Cervo e como Secretario Xeral do partido político COMPROMISO POR GALICIA DE CERVO

SOLICITO:

•Que o Concello de Cervo, xestione coma Xunta de Galicia a implicación da Axencia Galega de Emerxencias, especialmente coa presencia en San Ciprián dun dos seus hospitais móviles, para maior seguridade.
•Que o Concello de Cervo e a organización artellen as medidas necesarias para a colocación de unha unidade movil de amplificación de sinal de telefonía, xa que é precisa pola demanda de uso.

Exit mobile version