No caso de Augas Santas interviu a técnica sanitaria, que lle practicou ao bañista unha RCP e despois foi inmobilizado na camilla para abandoar o areal. O tempo empregado polo dispositivo para auxiliar a esta persoa foi de 3 minutos e 37 segundos. Nas Illas-Castros a actuación realizada polo servizo de socorrismo para rescatar a un bañista supostamente en apuros tivo unha duración de 3 minutos e 16 segundos. As labores foron seguidas moi de preto polo coordinador do servizo de socorrismo de Ribadeo, Jacobo González.