A noite de onte foi a primeira dunha programación chea de actos, que comezou coa homenaxe ás Escolas de Cervo, polo seu centenario; na que participou o Tenente Alcalde do Concello de Cervo, Plácido Pérez, que tamén presenciou a continuación a actuación do Grupo Ardora, de San Ciprián, que representaron a súa obra Mal Social, ante numeroso público que encheu a carpa instalada na Praza para a ocasión.
As Veladas continúan hoxe, dende as 21:30 horas, cunha homenaxe á música tradicional, seguida da actuación do grupo O Batán, de Foz, que representará a obra Bicos de Vinagre.
Mañá sábado, ás 21:30 horas, será o Concerto do Grupo Sons de Celeiro, e seguidamente A charamela, de Melide, presentará a obra Vaiche boa….
A programación rematará o domingo co Grupo Xuventude, de Mondoñedo e a actuación do Grupo local e organizador do evento, O Bordelo, que presentará a súa obra O malquere