Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación territorial da Xunta en Lugo acolle a presentación do Mercado das Carmiñas de Mondoñedo

210117 Mercado das Carminas MondonedoLugo, 21 de xullo de 2017.- A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo acolleu a presentación do tradicional Mercado das Carmiñas que se celebrará o vindeiro día 25 de xullo nun encrave excepcional: a praza da Catedral-Basílica de Mondoñedo.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, estivo acompañado da alcaldesa da localidade, Elena Candia, do concelleiro de Industria e Promoción Económica, Manuel Tapia e dos integrantes da organización Angel Marful, presidente da Aciam (a asociación de comerciantes local) e de Eva Anello propietaria do restaurante A Horta da Paula

Festa da Ensalada e Show Cooking
O mercado das Carmiñas presenta este ano un amplo programa de actividades no que destaca a Festa da Ensalada, un concurso no que participan os locais de hostalería da localidade que compiten cunha degustación de pratos exquisitos.

Tamén desenvolverase un show cooking no que participarán tres prestixiosos cociñeiros: Manuel Núñez concursante de Top Chef, Héctor López do grupo Nove e Miguel Cobo, do restaurante Cobo Vintage e estrela Michelín.

O programa inclúe, como actividades complementarias, xogos para os máis novos, pasarúas e unha exposición de coches e motos clásicos que se achegarán ata praza do Seminario a iniciativa da asociación mindoniense Mira e Anda.

Potenciación dos produtos da horta
Balseiro salientou a importancia dun evento que aposta polos produtos da horta e pola súa potenciación e significou que se trata dunha feira moi singular onde a calidade e a frescura esta sempre vixente e como tal é apreciada polos consumidores máis esixentes.

Exit mobile version