Villares agradeceu á Xunta de Galicia a inversión que vén de facer no peirao de San Cibrao, a través do ente público Portos de Galicia. Este venres o alcalde de Cervo e o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitaron as obras de mellora que veñen de rematar e que consistiron na instalación dun tren de fondeo e na repavimentación de parte da explanada. O rexedor suliñou que é unha actuación importante para cubrir un aspecto fundamental como é a seguridade dosveciños que dispoñen de embarcación, e coa que o peirao gaña tamén en operatividade. Unha demanda feita conxuntamente polo Concello de Cervo e o Club Náutico de San Cibrao, ao que a Administración Pública deu resposta.