Site icon Crónica3.com A Mariña

“Terras de Lourenzá” no Mustallar (Ancares)

FOTO GRUPO MUSTALLAR 2017A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” gozaron dunha fin de semana de camiñatas polos Ancares, que realizaron os días 9, 10 e 11 de xuño.
Despois de pasar a noite do venres no Piornedo, o sábado pola mañá realizaron a Ruta “Piornedo-Cabana dos Extremeños”, de 9 kms e dificultade baixa; con opción de subir ata o Mustallar. Ó regreso, desfrutaron da tarde libre na aldea prerromana do Piornedo. O domingo, 11 de xuño, realizaron a Ruta “Piornedo-Vilarelllo”, de 8 kms e dificultade baixa; e tras xantar en Piornedo, regresaron a Lourenzá a media tarde.

Exit mobile version