A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” gozaron dunha fin de semana de camiñatas polos Ancares, que realizaron os días 9, 10 e 11 de xuño.
Despois de pasar a noite do venres no Piornedo, o sábado pola mañá realizaron a Ruta “Piornedo-Cabana dos Extremeños”, de 9 kms e dificultade baixa; con opción de subir ata o Mustallar. Ó regreso, desfrutaron da tarde libre na aldea prerromana do Piornedo. O domingo, 11 de xuño, realizaron a Ruta “Piornedo-Vilarelllo”, de 8 kms e dificultade baixa; e tras xantar en Piornedo, regresaron a Lourenzá a media tarde.