Site icon Crónica3.com A Mariña

Ramiro Fernández e Noelia Mª Ben recolleron en Baiona as bandeiras azuis que lucirán este verán as praias de A Marosa e Ril, asi como o barco museo, Gaia e o paseo do litoral

190617 Foto Noelia recollida bandeiras azuisBurela, 19 de xuño de 2017. O Monte Real Club de Yates, de Baiona, acolleu esta mañá a entrega das bandeiras azuis 2017, nun acto presidido polo titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e polo presidente de Adeac.
Ata Baiona se desprazaron os concelleiros, Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben, para recoller os galardóns que recibiron as praias de A Marosa e Ril, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do paseo polo litoral.
Os galardóns serán izados dentro duns días nos areais bureleses, de cara ao inicio da tempada estival.

Exit mobile version