Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de “Xove concilia verán”

As Delegacións municipais de Xuventude e Igualdade do Concello de Xove organizan dous programas durante as vacacions de verán:

“Xove Concilia Verán”, que está dirixido a menores de 4º de infantil a 4º de primaria. Esta actividade de conciliación levarase a cabo dende o 26 de xuño ao 8 de setembro, de luns a venres. O prazo de inscrición para esta actividade remata o 23 de xuño. O xoves, 22 de, ás 19:00 no salón de actos do Centro Cívico, presentarase nunha reunión informativa dirixida aos pais e nais.

Ademais do anterior, a Concellería puxo en marcha tamén o proxecto de voluntariado “Diververán Xove”, dirixido a rapaces/as de 10 a 16 anos. Esta actividade, que conta coa colaboración de 5 voluntarias/os, levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto. O prazo de inscrición para este programa remata o 30 de xuño.

Para ámbolos dous programas hai que anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Exit mobile version