Este xoves 22 e no salón de actos do Centro Cívico, presentouse o Programa “Xove Concilia Verán, dirixido a menores de 3 a 10 anos. Este programa, organizado polo Concello de Xove, ten como obxectivo crear un espazo lúdico e educativo de luns a venres que permita ás familias conciliar a vida familiar e laboral. Xove Concilia Verán foi presentado polo Alcalde, Demetrio Salgueiro e as Concelleiras de Xuventude, Cristina Iglesias, e de Igualdade, Ana Abad. Tamén estiveron presentes os monitores da empresa Lucus Neda encargada da impartición das actividades.
Presentación de “Xove concilia verán”
Presentación de “Xove concilia verán”
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro