Site icon Crónica3.com A Mariña

Os delegados de persoal de Cotelsa e o Comité de Cyrgasa queren poñer de manifesto os feitos ocorridos no dia de hoxe 23/06/2017 na Factoría Alcoa

Este venres, logo da pertinente solicitude á Dirección de Alcoa para unha reunión cos Delegados de prevención das empresas auxiliares (Reymogasa, Cotelsa e Cyrgasa), esta tivo lugar coa asistencia dos respectivos Delegados de prevención das tres empresas do Grupo Imasa, e atopámonos coa asistencia da Dirección de Reymogasa.

Dita Dirección expresa que só está disposta a reunirse cos Delegados de prevención de Reymogasa, excluíndo aos Delegados das outras 2 empresas do mesmo grupo. A dirección de Alcoa nun primeiro momento aceptaba a presencia de máis delegados.

Ponse así de relevancia a importancia que dita dirección lle dá a seguridade de máis de un cento de traballadores, imposibilitando a asistencia a dita reunión dos seus delegados.

Unha vez máis reflexase que a seguridade nas auxiliares e na factoría é mera publicidade.
Pola nosa parte, manifestar a nosa desconformidade coa actitude da Dirección do Grupo Imasa nos centros de traballo de San Cibrao, estaremos mais alerta e vixiantes, se cabe, cos procedementos para garantir a seguridade e saúde dos/as traballadores/as.

Exit mobile version