Viveiro a 30 de xuño de 2017. No pleno extraordinario e urxente celebrado este xoves 29 de xuño 2017 para a aprobación das contas do 2016 de aparcamentos a Mariña, o PP de Viveiro voltamos a votar en contra. Unha vez máis o grupo socialista mostrou o seu gusto por apurar os plazos, de ahí a urxencia da sesión, xa que as contas tiñan que estar aprobadas ante do 30 de xuño.
O noso voto en contra veu dado porque no tocante á xestión económica o noso grupo e o equipo de goberno socialista somos incompatibles, porque non compartimos en absoluto o seu modelo de xestión e porque ademáis os seus nefastos antecedentes dos que fan gala nos reafirman na nosa postura.
En materia de xestión económica a Sra. Loureiro e o seu equipo son uns pésimos xestores – non o decimos so nosoutros, senón tamén integrantes doutras formacións presentes na corporación que xa llo teñen manifestado en varias coasións e mesmamente o actual concelleiro de facenda cando pertencía o PP ou despois a independientes pronunciabase nesta mesma línea.
Que son uns pésimos xestores queda perfectamente reflectido co acontecido nas tres empresas municipais que tiñamos no 2003 cando ocuparon a Alcaldía e que como consecuencia da súa pésima xestión, fai que na actualidade so nos quede unha.
Turviveiro foi disolta no 2015 como consecuencia da súa situación deficitaria ano tras ano sin que dende o equipo de goberno se actuase para poñerlle remedio a esta situación, sempre nos deu a impresión de que ese era o seu gran obxectivo, que se disolvese; e no caso de Eogal – participada o 51% -, decidiron liquidala sen máis – o noso voto foi contrario a esa decisión -.
Centrándonos na empresa que nos queda Aparcamientos a Mariña, podemos comprobar como é máis do mesmo, presentando neste 2016 un importante déficit de 35.500 euros, sobre todo si se compara cos de 2014 – 1549 euros – e o do 2015 – 2740 euros -. Parece que voltamos as andadas e unha vez máis os veciños de Viveiro, sexan ou non usuarios do parking, terán que soportar o pago deste importante déficit.
Despois do vivido coas contas do 2015, onde se detectou a falta de 22.000 euros, que por certo ninguén sabe como desapareceron, o que sin dubida fala moi ben as claras da ineficacia no control e xestión desta empresa, deberíamos de poñer estas contas en cuarentena, non vaia ser que tamén teñan sorpresa como as dos exercicios pasados, que ó parecer non reflectíron a situación real das contas da sociedade, e aínda así foron aprobadas polo pleno – eso si, co voto en contra do noso grupo -.
Polo tanto poderíamos estar ante unhas contas como as reseñadas anteriormente, ficticias e non axustadas á realidade. Con todo o sinalado resulta entendible e prudente que o PP de Viveiro vote, unha vez máis, en contra destas contas.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro