O Domingo día 18, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, formado por 39 camiñantes, desprazouse a Ribeira Sacra Ourensá para facer a Ruta O Canón do Rio Mao (Parada de Sil). Ruta de 16 km, que ao final acortouse a metade, uns 8 km para facer só a parte máis bonita da Ruta, a subida a Necrópole Rupestre de San Vitor de Barxacova, e as pasarelas de madeira do Canónn do Mao. Ao final da Ruta, comida no Albergue Turistico da Fabrica da Luz, preto do rio Mao, e despois pola tarde, desprazamento en bus ata Parada de Sil, e paseo ata o Miradoiro das Xariñas de Castro.