Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno do PSOE na Deputación inviste máis de 4,6 millóns na Mariña en 44 obras, atención a 905 maiores e 110 empregos

Lugo, 20 de xuño de 2017. O Presidente Socialista na Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, xunto ao voceiro do PSOE na institución, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este martes un encontro con veciños dos 16 Concellos da Mariña para informalos das actuacións de máis de 4,6 millóns de euros, que o Goberno Provincial Socialista achega a esta Comarca a través do Plan Único.

Campos Conde explicou que, de dita cantidade, o Goberno socialista da Deputación financia con máis de 3 millóns, que representan o 64,5% dos fondos totais do Plan Único na Mariña, 44 obras de dotación ou melloras de prestacións públicas. Por exemplo, novas traídas de auga, alumeados públicos, parques infantís, beirarrúas, aparcadoiros públicos, depósitos de auga; arranxos de rúas, camiños ou accesos a núcleos poboacionais e fincas agrogandeiras, locais sociais, instalacións deportivas e culturais…

“Creo que cumprimos cos obxectivos que nos marcamos cando fixemos o Plan Único. Queríamos reactivar a economía da nosa provincia e dotar aos veciños de servizos públicos fundamentais para o seu día a día, sobre todo no rural, no que non temos as mesmas prestacións que nas cidades. Creo que a execución destas 44 obras, con máis dos 3 millóns de euros que dende o Goberno Socialista na Deputación achegamos á Mariña, é toda unha inxección económica para a nosa Comarca e un importante paso máis na dotación de servizos públicos aos nosos veciños”, apuntou o Presidente.

“O outro obxectivo que nos marcamos co Plan Único é ofrecer emprego e servizos sociais nos Concellos, no rural da nosa provincia; axudando aos municipios a ofrecer prestacións que necesitan os nosos veciños para o seu día a día, para a súa calidade de vida ou para non marchar das súas localidades, porque nelas non teñen oportunidades de vida. Esta é a realidade que vivimos en todos os municipios. Creo que tamén cumprimos ou, cando menos, contribuímos a este obxectivo”, destacou Campos Conde.

Neste senso, o Presidente explicou que 832.659 euros son para o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes da Mariña, ás que non atende a Xunta por non telas catalogadas como dependentes. Con este orzamento, o Goberno do PSOE na Deputación poderá ofrecer atención profesional a un mínimo de 905 maiores dos 16 Concellos mariñás, que se atopen nesta situación. Permitirá financiar, polo menos, 101.294 horas de atención.

Este presuposto tamén suporá a xeración de novos postos de traballo, os dos profesionais que teñen que prestan esta atención profesional. Só atendendo as contratacións a xornada completa e durante 1 ano que se realicen, o número de empregos será dun mínimo de 39.

Un mínimo de 110 novos empregos
Xunto ao mínimo de 39 profesionais para o Servizo a Domicilio a persoas non dependentes (sempre que sexan contratos a xornada completa e durante 1 ano, pois en caso contrario o número de contratados pode ata duplicarse), Campos Conde explicou que se xerarán, cando menos, outros 71 novos postos de traballo. Son os empregos (tamén a xornada completa e durante 1 anos) dos profesionais que se poderán contratar nos 16 Concellos da Mariña para reforzar os servizos públicos, que estes municipios teñen que prestar aos veciños. O Goberno Provincial Socialista asumirá todos os custos pola contratación destes profesionais con 832.659 euros que inviste no DepuEmprego, o plan de emprego que o Executivo do PSOE na Deputación puxo en marcha nos Concellos.

90 citas turísticas, culturais e deportivas
Son 90 as citas turísticas, culturais e deportivas, que o Goberno Provincial Socialista na Deputación contribúe á súa celebración nos 16 Concellos da Mariña, achegando 275.000 euros. Por exemplo, o Mercado Medieval de Alfoz, a Festa do Berberecho de Foz, a Festa da Faba de Lourenzá, o Mercado Medieval de Mondoñedo, o Ribadeo Indiano, o Mercado de Primavera do Valadouro ou a Feira Renacentista de Viveiro, entre outros. Festivais de cine, feiras do libro, certames de poesía ou campamentos infantís, son algunhas das actividades culturais. Ao respecto dos eventos deportivos, fináncianse carreiras populares, escolas deportivas, torneos e campionatos de fútbol, baloncesto, tenis…

16 Concellos
Os veciños que participaron na xuntanza información de hoxe son os dos seguintes 16 Concellos da Comarca da Mariña: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Exit mobile version