Lugo 23-6-17. O Goberno da Deputación vén de ser premiado pola Unión Europea cun novo proxecto Life, por valor de 2 millóns de euros. Trátase do estudo Xestión en común da terra, un modelo de conservación e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservación, que o Excutivo da Deputación elaborou en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Trátase dunha iniciativa coa que se mellorará o aproveitamento que os veciños fan dos montes veciñais da Serra do Xistral, concretamente nos Concellos de Abadín, Muras, Ourol, O Valadouro e Viveiro.
É un proxecto por valor de case 2 millóns de euros, dos que a Unión Europea achega o 75%, (1,4), e Deputación e Universidades o 25% restante (500.000). Os obxectivos principais deste proxecto son a conservación de hábitats naturais, e mellorar a produción e o aproveitamento que fan os veciños dos seus montes.