Burela, a 29 de xuño de 2017.- “Un mes despois do xa famoso pleno do 30 de maio, o alcalde segue sen resolver os problemas pendientes da obra do repintado de Arcadio Pardiñas que o Grupo Municipal Popular denunciou no pleno indicado e nos medios informativos. Segue pendiente de aplicación boa parte do informe de 9/maio emitido pola Policía Municipal, e segue habendo un paso de peóns que as persoas con movilidade reducida non poden empregar”, manifestou hoxe o Grupo Municipal Popular burelés.
Os edís populares aseguran que “o alcalde nin executou na súa totalidade o proxecto elaborado pola técnica municipal, nin cumpliu íntegramente o informe da Policía Local: quitou pasos de peóns marcados no proxecto non recomendados pola Policía no punto un do seu informe, pero en cambio mantén os tres carrís entre a intersección con Eijo Garay e a intersección coa Rúa da Igrexa, en contra do recomendado no informe policial nos puntos dous e tres”.
“Pois ben, din os populares, no seu día lle dixemos ó alcalde que unha de dúas, ou se lle facía caso ó proxecto da arquitecta municipal, ou se lle facía caso ó informe da Policía, pero que estar na misa e repicando é imposible. Por eso, á vista do acontecido, temos que deducir que o alcalde actuou no seu momento con ganas de fastidiar e con mala fé. Desde logo, a súa ética é infumable, e xa vemos que se refería á lei do embudo cando falaba de cumplir a lei, porque o informe da Policía fala de ‘recomendacións’ no punto un, referido ós pasos de peóns suprimidos, pero en cambio fala de normativa legal nos puntos dous e tres, referidos ós tres carrís”.
Desde o GMP indican que “o alcalde foi advertido no pleno do día 30 de que quedaba un paso de peóns á altura do 159 de Arcadio Pardiñas sen rebaixa nos bordillos, co que non pode ser usado por persoas con movilidade reducida. O triste é que un mes despois a situación segue a ser a mesma, cando o rebaixe dos bordillos non precisa nin de moito tempo nin de operarios especializados e pode ser feita por persoal da brigada de obras. Pois nin así.”
“O mesmo acontece co solar adecentado para zona de carga e descarga, segue pechado, cando non debería ser mui complicado abrilo, e abrilo xa”, din os edís do PP.
Os populares aseguran “non estar sorprendidos coa actitude do alcalde. Se houbese parranda ou foto, sería o primeiro en apuntarse, pero por desgracia, como hai que solucionar problemas, unha vez máis demostra a súa incompetencia e inoperancia, cualidades que se trasladan ó concelleiro de Obras, que se autoproclama ‘alcalde de facto’, e que podía ter dado as ordes oportunas para solucionar este desaguisado. Son os dous anodinos de ritmo cansino que recelan dos ‘de oriente’ e dos ‘aldeanos’. E mentres tanto, os afectados ven cómo se resenten os negocios e como non se resolven os problemas.”