Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela asegura que “o alcalde foi requerido polo xulgado a cumplir coa legalidade e abonar 162.366’67€ á administración concursal de Celtaprix”

Burela, a 22 de xuño de 2017.- O Grupo Municipal Popular manifestou hoxe que “o alcalde foi requerido alomenos dúas veces polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo para que abonase a cantidade de 162.366’67€ á administración concursal de Celtaprix, empresa que facía hasta o 31 de marzo deste ano a recollida de lixo. As contías correspóndense prácticamente na súa totalidade cos servicios efectuados pola anterior empresa no primeiro trimestre do presente ano 2017”.

No auto xudicial faise constar que “…el Concello recurrente ya fue requerido en anteriores ocasiones…”, o que demostra, segundo os edís populares, que “o alcalde non está a cumplir coa lexislación vixente en materia de concurso de acreedores”.

Segundo o GMP, “o alcalde sabe perfectamente que do millón de euros que di que o concello vai cobrar da empresa, non vai cobrar nin un só, porque a empresa está en fase de liquidación. O que pretendía era reterlle os cartos que legalmente o concello tiña que pagar, e así poder presumir que alomenos o concello recuperaba 162.366’67€”.

Os populares aseguran que “a xogada saiulle mal, porque a xuiza fai constar no auto de forma expresa que ‘…en caso contrario (ou sexa, non pagar), se procederá a poner los hechos en conocimiento del Ministerio Fiscal, dado que la retención sin justificación legal podría suponer un caso de emisión de resolución injusta, a sabiendas (ou sexa, prevaricación); o un supuesto de desobediencia a un requerimiento judicial…’. Ademáis, fai constar que ‘no cabe recurso alguno’. E o alcalde, ante tal tesitura, non lle queda máis remedio que cumplir coa normativa legal e esquecerse da maniobra que tiña previsto facer”.

O GMP considera que “este xeito de actuar do alcalde é mui rastreiro. Todos estábamos de acordo en que había que rescindirlle ó contrato á empresa porque estaba en liquidación, pero para nada na forma en que se fixo. Ninguén con dous dedos de frente pode decir que lle vai cobrar un euro a unha empresa en liquidación, a non ser que se pretenda facer política barata e/ou unha campaña de imaxe con este asunto”.

Os edís populares aseguran que “o certo e evidente é que a día de hoxe Burela non tén millorado a súa limpeza: seguen a barrerse as rúas do centro polas tardes, coa conseguinte mala imaxe; segue facéndose alomenos dous días á semana a recollida a mediodía e polas tardes, cos conseguintes problemas de tráfico; a recollida de papel e cartón non está funcionando axeitadamente; non se incrementou nin un só posto de traballo dos anunciados polo alcalde (o incremento de persoal polo verán está no actual contrato e no anterior, e non pode considerarse incremento de postos de traballo); houbo persoal de baixa e non se sustituiu; a barredora grande segue parada, como segue o pretendido segundo camión…”.

Finalmente, “reclamámoslle ó alcalde que se deixe de facer xogos de maxia con este asunto, xa se ve que non se lle dá ben. E ó primeiro tenente de alcalde que non presuma tanto de tractor, e que xa que según el mesmo di é o ‘alcalde de facto’, solucione dunha vez por todas os problemas que existen na recollida de lixo e na limpeza viaria”.

Exit mobile version