Responsábeis da formación que coñeceron por medio da veciñanza a existencia destes vertidos, trasladáronse ao lugar indicado e puideron constatar vertidos de produtos contaminantes se identificar deitados sobre o leito do río e arrastrados pola corrente á desembocadura.
O BNG solicitou ao concello que identifique o orixe do vertido, cal é a súa composición, canto tempo leva producíndose, e a identificación da persoa ou persoas responsábeis para sancionar con contundencia estes atentado contra o medio natural.
A formación nacionalista solicitou ademais as licencias municipais e autonómicas de Augas de Galiza ao sospeitar que unhas obras realizadas a escasos metros do río puideran ser o orixe destas verteduras incontroladas.