Cervo, 16 de xuño de 2017. O BNG denunciou un atentado medioambiental no Río Covo por verteduras incontrolas de materiais e fluídos contaminantes a escasos 200 metros da súa desembocadura en San Cibrao, poucos metros antes da ponte medieval de Lieiro. A formación nacionalista esixe ao concello que aclare coa maior brevidade a procedencia destes vertidos, que se poden ver a simple vista, que recupere a zona e se proceda a sancionar aos responsábeis con contundencia.
Responsábeis da formación que coñeceron por medio da veciñanza a existencia destes vertidos, trasladáronse ao lugar indicado e puideron constatar vertidos de produtos contaminantes se identificar deitados sobre o leito do río e arrastrados pola corrente á desembocadura.
O BNG solicitou ao concello que identifique o orixe do vertido, cal é a súa composición, canto tempo leva producíndose, e a identificación da persoa ou persoas responsábeis para sancionar con contundencia estes atentado contra o medio natural.
A formación nacionalista solicitou ademais as licencias municipais e autonómicas de Augas de Galiza ao sospeitar que unhas obras realizadas a escasos metros do río puideran ser o orixe destas verteduras incontroladas.